Estás en: Inicio > Letras de Los Suaves > Traducción de O Afilador

Letra 'O Afilador' de 'Los Suaves' traducida al español

En Traducidas.net encontrará la traducción al castellano de las letras de Los Suaves y muchos artistas y grupos más

Los Suaves
O Afilador


Vaise achegando á sua casa
onde se afoga o sol
e vai pechando os ollos
para poder ver mellor
A choiva xa se afastou
esperataron as estrelas
e vese o camiño do ceo
moito más ca o da terra
E vaise achegando só
cavilando triste e vello
vive mentras non morre
a soedade mete medo
Foi daca pra acolá
e xa que chega a sua hora
ven botarse a descansar
a deixa-la roda soa.

Noite, neboa hora segreda
tempo do afiador
e que nunca vai gañar
solitario soñador
solitario perdedor...

Os longos dedos do sol
afastan o mato da néboa
país que por centos de anos
fuches o cabo da terra
Vai chorando coma sempre
por cousas que son máis que penas
tras a fiestra non hai lume
nin benvida na cancela

No pozo das lembranzas
foi coitado remexer
e das augas acougadas
chegan falas de muller
Contan que cando o soubo
eso foi o que o matou
a bágoa de ter que sabelo
a bágoa dunha traición

Noite, néboa hora segreda
tempo do afiador
e que nunca vai gañar
solitario soñador
solitario perdedor...
Sitios amigosLetras TraducidasLetras
Copyright © 2011 Traducidas.net Inicio|Top 100|Nuevas letras|Agregar Letra|Contactar|Aviso Legal
Letras de canciones traducidas, letras traducidas, letras en español, letras en castellano. Todas las letras son propiedad intelectual de sus autores.


eXTReMe Tracker